

Sinopse
Mulleres de Castelo é unha película documental colaborativa realizada xunto coas veciñas máis maiores da aldea de Castelo, en Culleredo (A Coruña), pero antes, e sobre todo, é un espazo de encontro entre mulleres, onde nos xuntamos para compartir todo o que alimenta unha boa vida.
Falamos do que nos fai felices, do que desexamos, das perdas, os cambios e o avance do tempo. Reflexionamos a través da palabra, a imaxe e o son, poñendo atención nas accións do día a día.
Compartimos doces, experiencias e fotografías, e agora, despois da primeira fase de obradoiros, queda a promesa de que estes encontros seguirán sucedendo, para así, a través da práctica, seguir reivindicando e construíndo un espazo colectivo desde onde compartir e acompañar o avance do tempo.
Grazas a Mercedes, Julia, Maruxa, Pili, María, Pilar, Maruja, MªJosé, María e Pepita pola súa xenerosidade e compromiso.
Imaxes


















Equipo
- Dirección e montaxe
Hadriana Casla - Protagonistas
Carmen Marta, Esther Pardo Vecino, Julia Reboredo Grela, María de Sánchez, Maria José Cañas, Maruja Sánchez, Maruxa Martínez, María Concheiro, Mercedes García, Pepita Fernández Rey, Pilar Rodríguez, Pilar Torreiro Grela e Rosa de Seijo - Cámara
Aldara Fernández, Pedro Tizón, Paula Correa e Alberto Cortés - Música e postprodución de son
Santi Jul - Canción
Para cando eu morra – Sés - Etalonaxe e cor
Jairo Iglesias - Animación e créditos
Joana Emídio - Produción executiva
GRIGRI, Xosé A. Touriñán e Álvaro Pérez Becerra - Produción
Javi Lopa, Elisa Martínez, Laura Canto, Carlos Abal, Miguel Vázquez e Laura Sixto
Contacto
Se queres contarnos algunha cousa ou tes interese no proxecto, podes escribirnos a ola@mulleresdecastelo.gal